CRTVG

Buscar

Aumenta a atención estética polos ollos

Publicado o 24/07/2020 17:22

Son o espello da alma. E polo visto nestes tempos de máscara son unha das nosas maiores preocupacións estéticas. E isto constátano os negocios dedicados á cosmética. Véndense moitas máis cremas para o coidado específico dos ollos e, sobre todo, produtos destinados a resaltar a nosa mirada.

E os cirurxiáns estéticos tamén certifican o incremento das operacións de blefaroplastia que consisten na extracción do exceso de pel e de graxa das pálpebras superiores e inferiores. E unha intervencion rápida e cuns resultados notables.

Sexa coa cirurxía ou coa cosmética o que se evidencia é que os ollos focalizan agora os nosos coidados persoais.

Noticias web

24/07/2020