CRTVG

Buscar

A fin do estado de alarma reactiva os centros de ocio infantil

Publicado o 11/05/2021 21:59

Coñécense como parques de bólas, pero as bólas aquí seguen a ser as grandes ausentes. A limitación de capacidade destes centros infantís ampliouse agora ata 50 %. Mantéñense todas as medidas de seguridade. Os nenos só poden xogar en grupos de catro e está prohibido interactuar entre grupos.

Permitíronlles abrir en Semana Santa, pero non todos puideron facelo. Os meses pechados pasaron factura a un sector moi castigado pola pandemia. E algúns coma Eva reinventáronse creando novos espazos.

A fin do estado de alarma reactivou un sector que comeza de novo a tomar folgos coa organización de pequenos eventos familiares.

Noticias web

11/05/2021