Aumenta a 29 o número de intoxicados no restaurante valenciano Riff
Publicado o 21/02/2019 15:47

Aumentan a 29 o número de persoas intoxicadas nun restaurante con estrela Michelin de Valencia. O Riff permanece pechado e asi seguirá, segundo o dono, ata que se aclaren as causas e se poida retomar a actividade con garantías. Lembramos que todo comezou coa morte dunha clienta que comera unha especie de cogomelos no restaurante de luxo. Era un dos pratos estrela da carta.