CRTVG

Buscar

Aumenta a 16 a cifra de falecidos polo derrubamento en Miami

Publicado o 30/06/2021 18:04
Aumenta a 16 a cifra de falecidos polo derrubamento en Miami
EFE

As autoridades deron conta este mércores do achado doutros catro corpos no derrubamento parcial dun edificio residencial en Surfside, en Miami- Dade, coa conta oficial de falecidos polo sinistro que se elevou a 16. En conferencia de prensa, a alcaldesa do condado Miami-Dade, Daniella Levine Cava, dixo que tras a extracción dos catro corpos e o intercambio de información entre as distintas axencias, o número de desaparecidos cífrase agora en 147 e o das persoas localizadas en 139.

A parte que mira ao mar do Champlain Towers esborrallouse a madrugada do 24 de xuño e reduciu a entullos máis de 50 unidades do total de 136 que tiña, e desde entón as cuadrillas de rescate bregan por achar posibles sobreviventes. 

Noticias web

30/06/2021