CRTVG

Buscar

Aulas móbiles en cidades da Ruta Xacobea para aprender como moverse con seguridade

Publicado o 19/10/2021 16:45

A Dirección Xeral de Tráfico e o Club do Automóbil RACE iniciaron en Santiago unha campaña de educación viaria que se vai desenvolver en seis cidades da Ruta Xacobea e en puntos críticos do Camiño. O obxetivo é ensinar a nenos, anciáns e peregrinos a moverse con maior seguridade.

Un aula móbil na praza do Obradoiro ensinaba esta maña a un grupo de nenos como evitar atropelos ou como circular en patinete. É o inicio da campaña de seguridade viaria dirixida a escolares e avós, que nas próximas semanas se vai desenvolver en seis cidades do Camiño de Santiago.

Tamén os peregrinos son obxectivo desta campaña, que se desprazará a puntos críticos da Ruta Xacobea para ofrecerlles información e material reflector.

Na presentación da campaña, o alcalde de Santiago lembrou que todas as actuacións dirixidas a concenciar condutores e peóns sobre os riscos viais conseguiron reducir substancialmente o número de mortos e feridos.

Noticias web

19/10/2021