CRTVG

Buscar

Augusto Solari estará "unhas tres semanas" de baixa

Publicado o 23/03/2021 16:06

Segundo o parte médico, o arxentino sofre "unha pequena rotura parcial no tendón do adutor medio da coxa esquerda"

Augusto Solari estará tres semanas de baixa. O arxentino mancouse no partido ante o R. Madrid. Apenas levaba uns minutos no campo cando notou que algo que non ía ben. Tivo que pedir o troco. As probas médicas confirman que sofre unha rotura parcial no adutor medio da coxa esquerda.

Sen liga esta fin de semana, no Celta confían en que Solari só perda un partido, o duelo ante o Alavés.

Noticias web

23/03/2021