Augusto Fernández: "O Celta sempre terá un lugar no meu corazón"
Publicado o 14/04/2021 20:44
No Cádiz, vindeiro rival do Celta, xoga un vello coñecido da afección celeste, Augusto Fernández. O arxentino estivo tres temporadas e media en Vigo e logo do seu paso polo Atlético de Madrid e un equipo chinés, volveu esta tempada á Liga española.
Augusto, de 34 anos, non está a participar moito ás ordes de Álvaro Cervera, en parte debido ás lesións. Di que ten sempre un anaquiño do corazón en Vigo, onde naceron as súas fillas.