CRTVG

Buscar

'Auga seca', a nova serie que chegará en febreiro ás pantallas da TVG

Publicado o 09/01/2020 15:40

Lisboa foi testemuña da preestrea de 'Auga seca', unha nova serie coproducida pola Televisión de Galicia e a televisión portuguesa que poderemos ver a partir de febreiro.

"Penso que vai gustar moito ao público e vai chamar a atención no panorama audiovisual galego, portugués e español tamén", asegura Fernando Rodríguez Ojea, director da Área de Contidos da CRTVG.

'Auga seca', este novo thriller da Televisión de Galicia, esta rodado entre Lisboa e Vigo, e precisamente son os galegos e os portugueses os primeiros que poderán ver a serie antes da súa distribución mundial grazas ao interese dunha coñecida plataforma internacional.

"Son o inspector Viñas, grazas por vir tan pronto. Só quero saber o que lle pasou ao meu irmán. Asegúrolle que iso é o mesmo que queremos saber todos, señora Duarte".

Este é o punto de partida de ‘Auga Seca’, o irmán de Teresa, interpretada pola actriz portuguesa Vitória Guerra, aparece morto e a partir de aí veremos todo o que alguén pode facer por un irmán.

Pero para coñecer máis das tramas de 'Auga seca' haberá que estar atentos, en febreiro, ás pantallas da Televisión de Galicia.

Noticias web

09/01/2020