CRTVG

Buscar

Atún vermello, peixe espada e marraxo son as especies que concentran máis mercurio

Publicado o 06/04/2021 17:25

A Organización de Consumidores analizou a presenza de mercurio no peixe e no marisco para saber canto se pode comer sen que represente un perigo para a saúde.

Os resultados indican que os peixes coa concentración de mercurio máis alta son a atún vermello, o peixe espada e o marraxo.

Para o seu estudo, a OCU analizou as 21 especies de peixe e marisco máis vendido e tanto fresco como conxelado ou en conserva. A intención era coñecer a cantidade de mercurio que teñen e canto se pode comer sen que supoña un perigo.

As análises indican que as concentracións de mercurio máis alto téñena o atún vermello, o peixe espada e o marraxo polo que se recomenda que só se consuma de cando en vez. Unha vez á semana como moito. As mulleres embarazadas e os menores de 10 anos deberían evitar estes peixes.

Outras especies como a robaliza, a pescada e o bonito do norte teñen un contido medio de mercurio, mentres que a ameixa, o polbo, a sardiña, a troita, o panga, o mexillón, o linguado e o atún, entre outros, presentan pouco mercurio.

A recomendación xeral é tomar tres ou catro racións de peixe e marisco á semana, alternando tanto o branco como o azul.

Noticias web

06/04/2021