CRTVG

Buscar

Atropela dúas mulleres nun paso de peóns en Poio e dá positivo no test de drogas

Publicado o 12/05/2020 14:08

Un motorista está a ser investigado por un delito de imprudencia grave, tras atropelar dúas mozas nun paso de peóns en Poio.

As rapazas tiveron que ser trasladadas ao hospital Montecelo de Pontevedra. Unha delas tiña unha ferida na cabeza e a outra sufriu varios golpes e mazaduras. Atravesaban a vía polo paso de peóns cando foron atropeladas polo motorista.

Todo apunta a que o accidente se produciu por un exceso de velocidade. O home deu positivo no test de drogas.

Noticias web

12/05/2020