Atrásase ata o martes a chegada das novas doses da vacina de Pfizer
Planta de Pfizer na localidade belga de Puurs
A chegada da segunda remesa de vacinas de Pfizer, prevista inicialmente para este luns, atrásase ata mañá, segundo informou de madrugada o Ministerio de Sanidade vía comunidado. Así llo trasladou a farmacéutica, que lle explicou que España é un dos oito países europeos que se van ver afectados por un atraso nos envíos comprometidos dende a súa fábrica de Puurs, en Bélxica.
O motivo: un problema no proceso de carga e envío no que respecta ao control das temperaturas. A compañía estadounidense asegura que a situación xa está resolta, pero que as vacinas non poderán chegar ata mañá.
A previsión do Ministerio era recibir hoxe 350.000 doses para distribuílas de inmediato entre as comunidades autónomas, sendo 18.000 delas para Galicia.
Está previsto que nas próximas doce semanas España reciba preto de catro millóns seiscentas mil doses para inmunizar a case dous millóns trescentas mil persoas, que forman parte dos grupos prioritarios incluídos nesta primeira etapa da vacinación.