CRTVG

Buscar

Falece unha persoa e catro quedan feridas ao caer unha árbore en Mondariz-Balneario

Publicado o 03/10/2021 21:35

• Ocorreu nos xardíns do Gran Hotel, onde se celebraba un concerto

Unha muller morreu ao caerlle unha árbore enriba nos xardíns do Gran Hotel de Mondariz-Balneario. A falecida é Josefa Agulla Pastoriza, muller do excandidato do PSOE á alcaldía de Mondariz Manuel Fernández Outerelo, que quedou ferido grave canda outras tres persoas.

No lugar estaba a se celebrar un concerto, organizado polo Concello, que se aprazara hai uns días por mor da previsión meteorolóxica desfavorable.

Segundo informa o 112, no operativo participaron axentes da Garda Civil, bombeiros do Porriño e Ponteareas e persoal sanitario.