Atraco cunha pistola e a plena luz do día nunha panadería de Bergondo
Publicado o 04/02/2019 08:54
Foi onte ás dúas da tarde cando no interior de esta panadería de Bergondo cando sucedeu o atraco. Só estaban unha dependenta e outra muller traballando na parte traseira cando un individuo, armado cunha pistola e co rostro cuberto, entrou e ameazou a dependenta. Os gritos desta foron os que alertaron a súa compañeira, que saíu á rúa para pedir axuda. Nese momento, o atracador aproveitou para coller os cartos da caixa e fuxir. O dispositivo de busca xa está aberto pola Garda Civil para atopar o atracador.