Atraco á man armada nunha xoieiría do barrio madrileño de Salamanca
Publicado o 04/05/2021 15:50
Espectacular atraco nunha xoiería do barrio de Salamanca, en Madrid. O asaltante entrou pistola en man e tomou como reféns a todos os que estaban no interior do establecemento.
Cando chegou a policía houbo varios disparos. O dono da xoiaría está ferido grave e un dos axentes quedou ferido leve. O atracador xa foi detido.