CRTVG

Buscar

Atracan cunha pistola unha farmacia en Ourense

Publicado o 07/10/2021 15:04
Atracan cunha pistola unha farmacia en Ourense

As farmacias seguen sendo obxecto dos ladróns. Nunha de Ourense, os empregados aínda se están a recuperar do susto. Un home entrou pistola en man e pediulles os cartos da caixa, fíxoo a cara descuberta. Mesmo intimidou unha das empregadas dicíndolle que se non lle daba os cartos dispararíalle ás pernas. O home fuxiu co botín, uns 300 euros. A policía busca o autor deste roubo. Ao parecer, a pistola era falsa.

Noticias web

07/10/2021