CRTVG

Buscar

Atraca un supermercado en Vigo armado cunha pistola

Publicado o 15/10/2019 18:08

Sucedeu nun supermercado da rúa Hispanidade en Vigo. Os empregados estaban a piques de pechar cando un home duns cincuenta anos e con boa aparencia entrou no establecemento e agardou facendo compra ata a saída do último cliente.

O home colleu algúns produtos e, no momento de efectuar o pago, abalanzouse sobre o diñeiro da caixa intimidando unha das empregadas coa pistola que levaba oculta. 

O atracador, que actuou co rostro ao descuberto, conseguiu fuxir con aproximadamente 400 euros que había na caixa. A policía investiga os feitos e analiza a gravación das cámaras de seguridade no momento do asalto. Polo de agora, non se produciron detencións.

Noticias web

15/10/2019