CRTVG

Buscar

Atopan varias edificións da época castrexa e romana en bo estado de conservación no xacemento de Teso da Ermida, en Navia de Suarna

Publicado o 21/08/2021 19:27

Foi a primeira toma de contacto e xa se albisca que este xacemento é unha xoia arqueolóxica.

Situado en Navia de Suarna, o poboado data da época na que os romanos xa estaban na península e explotaban a zona en busca de ouro, un traballo do que se ocupaban os habitantes primitivos, os castrexos.

Os estudos sobre o castro non fan máis que comezar. O lugar está catalogado como patrimonio cultural de Galicia. De momento xa sorprende polo grao de conservación das edificacións.
A campaña da Xunta acaba de rematar na zona. Agora queda estudar e valorar o material atopado antes de continuar coa escavación.

Noticias web

21/08/2021