CRTVG

Buscar

Atopan unha parella alemá falecida no seu chalé na localidade de Llucmajor

Publicado o 15/01/2019 19:35

A Garda Civil investiga as causas da morte dunha parella de alemáns en Mallorca. Os cadáveres apareceron o luns pola noite nun chalet da localidade de Llucmajor. A muller estaba tombada sobre a cama e o home aforcado no corredor.

Os investigadores barrallan varias hipóteses, incluída a posibilidade de que se trate dun asasinato machista. De momento, agardan os resultados das autopsias e os análises das probas recollidas para establecer unha conclusión.

Foi unha amiga da muller a que alertou de que algo ocorrera porque non respondía ás súas chamadas desde había días. A muller tiña 59 anos e o home 55.




Noticias web

15/01/2019