CRTVG

Buscar

Atopan un lobo descansando dentro dunha casa en Cuntis

Publicado o 26/05/2021 14:29

En Cuntis, uns veciños atoparon un lobo descansando dentro dunha casa en ruínas próxima á súa. O animal estaba acochado contra unha parede, non se movía pero a súa penetrante mirada tíñaos a todos moi asustados. O animal semellaba desnutrido. Tiveron que sedalo para poder sacalo de alí en condicións de seguridade. 

Noticias web

26/05/2021