CRTVG

Buscar

Atopan un cogomelo de 5 quilos no concello ourensán de Castro Caldelas

Publicado o 21/10/2020 20:25

Castro Caldelas é terra de cogomelos, pero di a alcaldesa que este atopado recentemente leva o premio. Foi ela mesma quen o atopou cando ía por unha estrada dunha parroquia do concello.

"A verdade é que, como podemos ver é enorme, cun tronco grandísimo. E indo facer unha visita a uns depósitos encontrei este cogomelo, eu e un compañeiro. Xa podedes ver que dá unha boa potada, en fin, non sei se a degustaremos, pero, dende logo, a xente de Caldelas que se achegue vai gozar véndoa no Concello", conta a alcaldesa de Castro Caldelas.

Pero este exemplar, duns cinco quilos de peso e de cincuenta centímetros de diámetro, pertencente á variedade de 'Pleurotos', ten data de caducidade. Así que a alcaldesa anima os veciños a que apuren se o queren contemplar.

A zona onde apareceu debe ser propicia para o crecemento de cogomelos de grandes dimensións, xa que hai outros cantos de similar tamaño.

Noticias web

21/10/2020