Atopan un coche envorcado en Matamá, en Vigo, pero sen ninguén no interior
Publicado o 01/11/2019 13:56
A aparición dun coche envorcado nas inmediacións da subida ao Zondal, na parroquia de Matamá, en Vigo, mobilizou esta mañá a Policia Local e Bombeiros.
O vehículo foi visto por un veciño da zona nunha das marxes da estrada, nas proximidades da antiga incineradora e completamente dado a volta sobre a vexetación. Alí desprazáronse varios axentes, pero no interior do vehículo non localizaron a ningunha persoa. A tal hora os axentes están a buscar ao dono do turismo.