CRTVG

Buscar

Atopan un cadáver flotando na zona do Portiño, na Coruña

Publicado o 24/02/2021 13:19

Na zona do Portiño, na Coruña, este mediodía apareceu aboiando un cadáver. Segundo as primeiras investigacións, trátase dun pescador que caeu ao mar. 

Trátase dun home que estaba a pescar cando unha onda o arrastrou. Foi un compañeiro que estabacon el quen deu aviso ao 112 Galicia. De inmediato púxose en marcha un operativo de rescate. O rescate non puido ser por terra porque o corpo se atopaba nunha zona de rompentes, o que aconsellaba o rescate por aire.

Deste xeito foron os rescatadores de Salvamento Marítimo a bordo do Helimer os que procederon á recollida do cadáver para o seu posterior traslado ao aeroporto de Alvedro.