Atopan san e salvo a un veciño de Marín, de 80 anos de idade, desaparecido dende o domingo
Publicado o 13/07/2021 14:33
Un veciño de Marín de 80 anos saíu pasear o domingo preto das 11 da mañá e nada se soubo del. Rápidamente se despregou un dispositivo no que participaron voluntarios de Protección Civil, Policia Local, a aeronave da unidade Condor da Policia Nacional e mais de 300 veciños cuxa participación foi esencial para atopalo.
Tras máis de 24 horas desaparecido, dous menores que participaban na búsqueda atoparon nunha pista forestal no entorno do Carballal a poucos quilómetros da súa casa. Estaba un pouco desorientado pero consciente e finalmente todo quedou nun susto.