CRTVG

Buscar

Atopan ocultos no dobre fondo dun vehículo na Coruña case 50 quilos de haxix

Publicado o 23/01/2019 20:47
Atopan ocultos no dobre fondo dun vehículo na Coruña case 50 quilos de haxix

O detido foi interceptado pola Garda Civil na entrada da Coruña. No seu vehículo atoparon, ocultos nun dobre fondo no interior, case 50 quilogramos de haxix. O home, que presuntamente traballaba para unha organización delitiva que se dedicaba a traer importantes cantidades de haxix desde a provincia de Madrid ata A Coruña, realizaba as viaxes empregando vehículos con caletas ocultas e mecanizadas para o transporte da droga.

Noticias web

23/01/2019