Atopan o corpo sen vida dunha muller que podería levar días morta no seu domicilio de Ferrol
Outro caso semellante aconteceu en Ferrol. Atoparon o cadáver dunha muller que vivía soa e que podería levar varios días morta. Foi un familiar da vítima o que avisou a policía ao ver que non podía contactar con ela.
Axentes da Policía Local e Nacional atoparon no seu domicilio o corpo sen vida dunha muller de avanzada idade. Sucedeu na rúa Alcalde Usero de Ferrol. Foi un familiar quen avisou os servizos de emerxencia ao ver que non podía contactar con ela.
A muller, de avanzada idade, vivía soa, e o seu corpo foi atopado en estado de descomposición, polo que podería levar varios días falecida. Os veciños recibían a noticia con sorpresa e tristeza.
Non é a primeira vez que se produce un suceso similar neste barrio ferrolán.
Segundo fontes da Policía Nacional, todo indica que a vítima puido sufrir unha caída doméstica que lle provocou a morte.