CRTVG

Buscar

Un mozo de 23 anos morre afogado no encoro de Castrelo de Miño, en Ourense

Publicado o 18/07/2021 15:05

A parella e os amigos do mozo que morreu afogado no encoro de Castrelo de Miño, en Ourense, estiveron presentes durante a busca do seu corpo, que desapareceu nas augas. Profesionais do grupo de intervención psicolóxica en emerxencias axúdanlles a asimilar o acontecido.

O mozo, de 23 anos, vivía e traballaba en Ourense, na cafetería do club náutico, e era orixinario de Cuba. Eran as dúas da mañá cando os acompañanetes da vítima acudían a pedir axuda.

Na busca participaron o GES de Ribadavia, Bombeiros do Carballiño e efectivos de Protección Civil de Castrelo, pero a falta de visibilidade impediu atopar o corpo. Foron os mergulladores da Garda Civil os que o localizaron a primeira hora deste domingo onde o viran por última vez os seus acompañantes.

A autopsia intentará determinar que aconteceu. O concello de Castrelo de Miño suspendeu a regata que se ía celebrar este domingo e a inauguración das actividades en catamarán en sinal de do.