CRTVG

Buscar

Atopan o corpo sen vida dun home no paseo marítimo da Coruña

Publicado o 03/05/2021 21:05
Atopan o corpo sen vida dun home no paseo marítimo da Coruña

A última hora da tarde do luns foi rescatado da auga no paseo marítimo da Coruña o cadáver dun home duns cincuenta anos.

O corpo foi avistado frotando preto das rochas de San Roque de Afora. Segundo informou Protección Civil, trátase dun pescador de cana veciño desa zona, pero de momento descoñécense máis datos.

Nas tarefas de rescate participaron, ademais de Protección Civil, os bombeiros da Coruña, Salvamento Marítimo e varias dotacións da policía.