CRTVG

Buscar

Atopan o corpo sen vida dun home no río Arnoia, en Allariz

Publicado o 07/05/2020 00:08
Atopan o corpo sen vida dun home no río Arnoia, en Allariz

Sospéitase que o cadáver que apareceu no río Arnoia é o de Cesáreo Seguín, un veciño de Ourense que levaba desaparecido desde finais de abril.Un pescador localizou o corpo na praia fluvial de Acearrica. Un mergullador dos bombeiros de Xinzo foi o que o sacou da auga. Estaba nun avanzado estado de descomposición, o que dificulta as tarefas de identificación, pero hai coincidencias na roupa. Cesaráreo Seguín, de 72 anos, fora visto por última vez nunha farmacia do seu barrio, onde parou a comprar medicamentos o pasado 25 de abril. 

Noticias web

07/05/2020