Atopan o corpo dunha muller de Vigo que podería levar 4 meses morta no piso
Suceso en Vigo deses que fan reflexionar sobre a soidade de moitas persoas. Unha muller bota catro meses morta na súa casa e ninguén se da conta. O estraño é que a muller só tivera 45 anos e que ninguén a botara de menos nos catro meses que pasou morta, segundo as estimacións iniciais. A vivenda, que era en propiedade, é un pequeno estudio duns 30 metros. A muller tivera o inmoble alugado, pero desde había algún tempo residía nel.
Os feitos ocorreron neste edificio do centro de Vigo na rúa Lugo nas proximidades da rúa do Príncipe. Os veciños deste inmoble de oficinas e estudios de alugueiro levaban tempo aturando malos cheiros e mesmo a presenza de vermes e outros insectos. Tanto que a administración de leiras tiña prevista unha fumigación do edificio.
Cando chamaron ao primeiro ninguén respondeu. Por iso avisaron a Policía Nacional e os bombeiros. Foron moitos os que viron o operativo do coche -escada e pensaron que acudían a rescatar unha persoa maior.
A gran sorpresa foi ademais que fora unha persoa nova. No edificio con moitas oficinas e pequenas vivendas a maioría dos veciños non se coñece. Aínda que a finada era propietaria e alugara o estudio inicialmente e nos últimos tempos pasara a vivir nel.