CRTVG

Buscar

Atopan o cadáver dun mozo de 26 anos aboiando no río Umia, en Caldas de Reis

Publicado o 08/06/2021 20:41
Atopan o cadáver dun mozo de 26 anos aboiando no río Umia, en Caldas de Reis

Arredor das cinco e media da tarde apareceu o cadáver dun home aboiando no río Umia ao seu paso por Caldas de Reis Trátase dun home de 26 anos segundo confirmou a Policía Local da Caldas. O seu corpo apareceu aboiando boca abaixo no río Umia nas proximidades da Rúa de Sega de Abaixo. Ata o lugar desprazáronse tamén os servizos sanitarios, bombeiros do Salnés, a Garda Civil e Protección Civil de Caldas.Agora mesmo a Policía Xudicial atópase no lugar dos feitos para proceder ao levantamento do cadáver.

Atopan o corpo sen vida do mozo desaparecido en Palas de Rei 

O mozo de 28 anos que desaparecera o pasado venres en Palas de Rei foi achado falecido este martes nas proximidades do lugar de Cebral, na parroquia de Augas Santas. Diso informou o CIAE 112 Galicia, que detallou que foron os efectivos do GES de Monterroso os que informaron do suceso sobre as 18.15 horas.

En concreto, o 112 recibiu o pasado sábado a alerta da desaparición do home, tras o que se activou un operativo, coordinado pola Garda Civil, no que tamén interviñeron os GES de Monterroso e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Palas de Rei. Pola súa banda, fontes do operativo informaron de que o corpo do novo, de nacionalidade romanesa, localizouse nunha charca situada á beira dunha fonte e non presentaba síntomas aparentes de violencia.

Noticias web

08/06/2021

Máis sobre Caldas de Reis