CRTVG

Buscar

Atopan o cadáver dun home nunha zona montañosa de Camariñas

Publicado o 17/12/2019 19:30
Atopan o cadáver dun home nunha zona montañosa de Camariñas

A Garda Civil investiga as circunstancias da morte dun home cuxo cadáver foi achado nunha zona montañosa da localidade coruñesa de Camariñas, segundo informa Emerxencias 112.

O corpo sen vida do home foi atopado sobre as seis da tarde nunha zona próxima á estrada que une Ponte do Porto e Arou, no alto do Canaval. Emerxencias alertou de inmediato a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e a Garda Civil. Os axentes das forzas da orde iniciaron unha investigación para esclarecer o ocorrido.

Segundo parece, o home, duns 30 anos, saíu recoller piñas ao monte. A alcaldesa apuntou a unha morte natural.