Atopan o cádaver dun home nunha planta de reciclaxe de lixo de Vitoria
Publicado o 11/02/2020 15:26
Os operarios dunha planta de reciclaxe de Vitoria atoparon esta mañá o cádaver dun home entre os refugallos. Segundo as primeiras pescudas, é un cidadán marroquí duns 40 anos e o corpo non presenta signos de violencia.
Á espera dos resultados da autopsia, a policía autonómica vasca investiga como puido chegar o cadáver á cadea de recollida de lixo.