CRTVG

Buscar

Atopan o cadáver dun home que apareceu aboiando fronte á costa de Raxó, en Poio

Publicado o 03/06/2021 17:12

Foi unha parella de holandeses que se dirixían cara ao seu veleiro desde a praia de Raxó os que avistaron o corpo e regresaron a terra para alertar do achado. "Marcharon de aquí tan tranquilos e chegaro a 50 metros da praia e atoparnse co cadaver boca abaixo e pensaron que estaban vivo e estaba morto xa. Volveron aqui e entraron na cafetería preguntaron se falabamos ingles e dixemoslle que un pouquiño e alí expicou José Cândido da Silva, o hostaleiro ao que se dirxiron.

Unha vez que conseguiron entendelos e ver o corpo aboiando, alertaron a Garda Civil, que trasladou á zona unha embarcación do Servizo Marítimo para rescatar o cadáver. "Levaba unha camiseta azul, bermudas e nauticos. Según a Garda Civil o corpo estaba en bo estado que tivo que ser no dia de hoxe" conta José Cândido da Silva.

Descoñécese a identidade do falecido, xa que non portaba documentación ningunha. Trátase dun varón, de entre 35 e 50 anos. Os veciños cren que podería ser un home de pelo roxo que viron pola zona nos últimos días. Será a autopsia a que axude a esclarecer a súa identidade e a posible causa da morte.