Identifican o cadáver do patrón do Rúa Mar
Confírmase que o cadáver localizado a sete millas de Tarifa é dun dos tripulantes do Rúa Mar o pesqueiro que desapareceu o pasado xoves en augas de Marrocos. Trátase do patrón da embarcación, un home de 52 anos, o seu corpo apareceu sen chaleco salvavidas e as balsas localizadas nas últimas horas estaban sen abrir polo que gaña forza a hipótese dun naufraxio repentino. Con todo, continúan os traballos para localizar os outros cinco mariñeiros desaparecidos.
Noutro punto, en Eivisa, localizouse outro cadáver no mar. A falta da súa identificación, crese que podería ser o segundo dos homes desaparecido na zona durante o temporal.
Mentres, no barrio malagueño de Campanillas os veciños tratan de volver á normalidade despois dos importantes estragos materiais que provocou o temporal. A tromba de auga da fin de semana arrasou co barrio e máis de 700 alumnos quedaron sen clase á espera de preparar de novo as instalacións.
Os afectados confían en que o Goberno central declare o barrio como zona catastrófica e que o consorcio de seguros se faga cargo dos danos.