CRTVG

Buscar

Atopan o cadáver dun desaparecido nunha praia de Ares

Publicado o 24/02/2021 14:11

O corpo de Manuel Jerónimo Castro, de 52 anos, apareceu espido nunha de rochas de difícil acceso na praia de Centeás. Dúas mozas veciñas deste concello de Ares que camiñaban por aquí foron as que descubriron o cadáver contra as dez e media da mañá.

Daquela mesmo alertaron o 112, que desprazou ao lugar varias dotacións da Garda Civil e da Policía Local. Achegáronse tamén voluntarios de Protección Civil e unha dotación dos bombeiros.

Xa unha hora máis tarde, contra as once e media, chegou a xuíza, que ordenou o levantamento do cadáver. Agora investíganse as causas deste falecemento e non se desbota ningunha hipótese.

O luns saíu da casa e, contra as sete da tarde, ao ver que non regresaba, súa nai deu a voz de alarma. Formouse un amplo dispositivo de busca con axentes da Policía Local, Garda Civil, cans de rescate e ata un dron con cámara térmica, pero, finalmente, como dicía, foron dúas rapazas que camiñaban por aquí as que atoparon o cadáver.





 

Noticias web

24/02/2021