CRTVG

Buscar

Atopan o cadáver da moza desaparecida en Vinarós logo da confesión do seu mozo

Publicado o 07/04/2019 15:19

A Garda Civil atopou o corpo sen vida da moza de orixe moldava desaparecida en Vinarós hai máis dun mes. Deron co corpo logo da confesión do seu mozo. 

El e outras dúas persoas, todas de nacionalidade romanesa, foron detidas esta fin de semana, logo de diversos rexistros efectuados polas autoridades entre a provincia de Castellón e a de Tarragona, entre outros lugares na casa na que vivía a parella.

A muller, de vinte anos e de orixe moldava, foi vista por última vez, en febreiro, logo de saíren xuntos dunha discoteca e de manter unha intensa discusión. El conta con antecedentes penais.

Ata o de agora a investigación permaneceu en segredo de sumario.

Noticias web

07/04/2019