Atopan nun piso de Vigo o cadáver dun veciño que levaba morto varios días
Publicado o 14/09/2021 21:08

Atopan nun piso de Vigo o cadáver dun veciño que levaba morto varios días. Os bombeiros non foron quen de abrir a porta e tiveron que acceder á vivenda a través da fiestra, despois de que os familiares alertaran de que non daban contactado co falecido. Estaba recuperándose dunha operación.