CRTVG

Buscar

Atopan nun colexio de Melide un encerado coa lección de outubro de 1982

Publicado o 12/07/2021 14:34

Aproveitando que os cativos están de vacacións, o CEIP número 1 de Melide decidiu iniciar unha reforma do centro de cara ao próximo curso. A sorpresa chegou cando tras un encerado actual atoparon un tabolerio coas tarefas que o 15 de outubro de 1982 o mestre lles puxo aos alumnos que frecuentaban esta aula. 

Unha cápsula do tempo especialmente emotiva para a directora do centro, que daquela pisaba as aulas como alumna.

Esta non é a primeira que aparece, pero si a que amosa a lección e a que mellor se conserva. Polas condicións que tiña o taboleiro que as cubría non descartan seguir atopando sorpresas tan emotivas coma esta. A idea do centro é mantelas a modo de decoración das novas aulas. 

Noticias web

12/07/2021