Atopan en Ares o cadáver dun home no mar
Publicado o 29/08/2021 18:18

Emerxencias de Galicia informa de que tras recibir a chamada dun particular localizouse aboiando nas rochas en Ares o cadáver dun home.
O rescate realizouse nas proximidades do peirao de Ares por parte de Salvamento Marítimo e membros do GES de Mugardos. Ata o lugar desprazáronse tamén sanitarios, axentes da Garda Civil e da Policía Local e efectivos de Garda Costas de Galicia.
#AXEGAInforma de que foi atopado no mar o corpo sen vida dun home, en #Ares. O rescate foi efectuado nas proximidades do peirao por @salvamentogob e membros do #GESMugardos. Interviñeron tamén sanitarios, @guardiacivil, #PolicíaLocal e @GardacostasGal. pic.twitter.com/YmuyoEf0Cu
— 112Galicia (@112Galicia) August 29, 2021