CRTVG

Buscar

Atopan morto un home no río Louro, no Porriño

Publicado o 04/12/2019 14:48

O cadáver dun home apareceu esta mañá aboiando no río Louro, no Porriño. Foi localizado na zona do paseo, preto dun albergue de peregrinos. O home, natural de Mos, xa foi identificado. A Garda Civil abriu unha investigación para determinar as causas da morte, aínda que, segundo apuntan, o corpo non presentaba signos de violencia.

Ata o lugar desprazáronse tamén a Policía Local do Porriño, os Bombeiros, Protección Civil e efectivos do 061, que nada puideron facer por salvar a vida do home, que faleceu por afogamento.
 

Noticias web

04/12/2019