Atopan un home de 50 anos que levaba días morto na súa casa en Ourense
Publicado o 02/05/2019 17:01
E en Ourense, outro caso semellante. Atoparon un home de 50 anos que podería levar moitos días morto na súa vivenda da rúa Ramón Puga, da cidade. O corpo estaba xa en estado de descomposición, tirado no chan da cociña. Deu aviso aos servizos de urxencias seu irmán, porque levaba varios días sen poder contactar con el. Cando entrou no piso, porque tiña chaves, acompañado dos servizos de urxencias, atoparon o cadáver. Segundo a Policía Nacional, faleceu por causas naturais.