CRTVG

Buscar

Atopan morto o veciño de Navia de Suarna desaparecido a principios de maio

Publicado o 18/05/2021 17:09
Atopan morto o veciño de Navia de Suarna desaparecido a principios de maio

Este martes, preto do mediodía, foi localizado o corpo sen vida de José Fernández, o veciño de Navia de Suarna que desaparecera a principios deste mes da casa en que vivía, no lugar de Ventosa, na parroquia de Moia.

O cadáver foi atopado nunha zona de bosque, próxima á súa casa, a algo máis dun quilómetro da vivenda.

Segundo informou o 112, "axentes da Garda Civil tratan de aclarar as circunstancias do suceso".

A desaparición deste veciño mobilizara un amplo dispositivo de busca, no que chegaron a participar os drons da unidade do do Grupo de Apoio Loxístico da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) e un helicóptero da Garda Civil.

No operativo tamén participaron efectivos o GES de Becerreá, así como membros das agrupacións de voluntarios de Protección Civil de Cervantes, Lourenzá, Pol e A Fonsagrada.