Atopan morto na súa casa un coruñés investigado pola morte da súa parella hai cinco anos
Na Coruña, a Policía Nacional investiga o falecemento dun home de 52 anos ao que atoparon morto na súa casa. Trátase do principal sospeitoso de matar a súa parella hai cinco anos.
Supostamente tirouna do coche en marcha, cando circulaban pola estrada que une o barrio de Matogrande con Pocomaco. Uns feitos que el sempre negou pois aseguraba que a vítima, de 43 anos, foi quen se tirara. Porén un garda civil, que estaba fóra de servizo, circulaba detrás deles e viu como a muller caía do vehículo e impactaba contra o asfalto. Viu tamén como o automóbil se detiña e despois daba marcha atrás para pasarlle por enriba.
Estaba investigado por catro delitos, entre eles, un de homicidio coa agravantes de parentesco. Despois de dous anos en prisión preventiva, quedara en liberdade á espera de xuízo.