CRTVG

Buscar

Os anciáns mortos a coiteladas en Madrid puireron ser vítimas dun roubo

Publicado o 17/12/2019 13:38

Os dous anciáns mortos a coiteladas no seu domicilio do distrito madrileño de Tetuán puideron ser vítimas dun roubo. Esa é a principal liña de investigación que segue a policía á espera de recibir os resultados da autopsia que se lles practicará aos cadáveres durante esta xornada.

O matrimonio foi localizado morto a coiteladas no interior da súa vivenda do distrito madrileño de Tetuán. A muller, de 80 anos, sobre a cama do cuarto principal e o home, de 79, no salón.

A alerta deuna o operador do servizo de teleasistencia que os atendía ao non poder contactar coa parella. A policía tivo que derrubar a porta para acceder ao domicilio. Xunto aos cadáveres había grandes charcos de sangue e o interior da vivenda estaba totalmente revolto.

Os investigadores non descartan ningunha hipótese, pero recoñecen que a máis probable é que os anciáns foran vítimas dun roubo violento. Agardan que o resultado das autopsias poida achegar novos datos que permitan esclarecer o ocorrido.

 

Noticias web

17/12/2019