Atopan morta unha muller de 83 anos con sinais de violencia en Albacete
Publicado o 05/08/2020 15:28
Encontran morta en Corral-Rubio, Albacete, unha muller de 83 anos con sinais de violencia. A anciá vivía co seu home e estes días os seus fillos están de vacacións na vila. Descoñécese o que sucedeu, aínda que presenta un forte golpe na cabeza.
O 112 de Castela-A Mancha, que mandou ao lugar dos feitos un médico de urxencias, que só puido confirmar o falecemento da anciá. As proximidades da rúa están precintadas, xa que nas tarefas para aclarar o sucedido están traballando axentes da Policía Xudicial e da Garda Civil.