CRTVG

Buscar

Atopan morta na casa en Sevilla unha parella tras días sen saber deles

Publicado o 13/12/2020 21:01

E en Sevilla atoparon morta unha parella, de 75 anos el e 68 ela, tras unha semana sen saberse deles.

Os veciños avisaron ao servizo de emerxencias de que percibían un forte cheiro dende o interior da vivenda. Levaban varios días sen ver o matrimonio pero escoitaban ladrar os seus cans dentro.

Tras forzaren a porta do inmoble, os bombeiros e o persoal sanitario encontraron os dous cadáveres.
Os dous falecidos eran xordos e parece que podían levar varios días mortos. A policía non atopou signos de roubo nin violencia no piso e barállase un escape de gas puido ser a causa.

Noticias web

13/12/2020