CRTVG

Buscar

Atopan morta e cun golpe na cabeza unha muller de 80 anos en Cerceda

Publicado o 16/03/2021 10:53
Atopan morta e cun golpe na cabeza unha muller de 80 anos en Cerceda

A Garda Civil investiga se a morte dunha muller de Cerceda foi accidental ou se trata dun homicidio. A señora, de 80 anos, tiña un golpe na cabeza. Pero aínda non se sabe se o fixo nunha caída ou se a golpearon. O xulgado da Coruña que leva o caso agarda que os resultados da autopsia aclaren o ocorrido nas próximas horas. O corpo atopouno onte o fillo da vítima cando foi visitala.