Atopan ilesos tres homes que saíran a pescar o venres e non regresaran
Publicado o 08/05/2021 22:23
O dispositivo de emerxencias localizou a 20 millas da costa de Carnota unha embarcación con tres persoas a bordo, ilesas, que ao parecer saíran o venres a pescar dende o Pindo, en Carnota, pero non regresaran.
Foi un familiar o que denunciou a súa desaparición, e Salvamento Marítimo informara dun dispositivo de busca para localizalas.