A policía investiga a morte dunha muller cuxo corpo apareceu no río Lagares
Publicado o 28/12/2019 21:40
A Policía Nacional investiga a morte dunha muller duns setenta anos cuxo corpo apareceu flotando no río Lagares, en Vigo.
Un particular foi quen alertou o 112. Un corpo flotaba no río á altura da rúa Severino Cobas, en Lavadores. Os servizos sanitarios só puideron certificar a morte. A policía segue indagando na zona da aparición do cadáver por se alguén botaba a faltar unha muller, xa que non portaba ningún tipo de documentación na súa roupa. A autopsia determinará a orixe da morte: accidental, violenta ou suicida.