Atopan en bo estado o mozo de Carnota desaparecido en Santiago hai unha semana
Axentes da Policía Nacional localizaron en bo estado Alex Mouzo Díaz, de 22 anos, desaparecido desde o xoves pasado. Esta mañá unha patrulla localizouno en Lugo, segundo información policial, que non dá máis pormenores debido a que mozo é maior de idade e ausentouse estes días porque el quixo.
Mouzo Díaz, natural da localidade do Pindo, no concello coruñés de Carnota, desaparecera na noite do xoves pasado cando participaba nas festas da Ascensión. A súa familia e amigos non tiveron noticias del desde ese día e fora visto por última vez na zona do Campus Sur da Universidade compostelá.
As persoas do seu entorno agardeceron en redes sociais a axuda de todos os que se mobilizaron para poder dar con el.
Moitas gracias a todos!! pic.twitter.com/r1UKb6m8m5
— Adrian Mouzo (@AdrianMouzo) 5 de xuño de 2019